Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.294

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ó proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado por Orde do 6 de marzo de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo).

De conformidade co disposto no punto 19 da convocatoria do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, Orde do 6 de marzo de 2003 (DOG do 14), vistas as reclamacións presentadas contra a lista provisional de admitidos e excluídos, publicada pola Resolución do 28 de abril de 2003 (DOG do 9 de maio).

Esta dirección xeral resolveu elevar a definitivas as mencionadas relacións, coas modificacións que se conteñen nos anexos desta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal