Resultando necesario modifica-la Orde do 24 de abril de 2003, pola que se fan públicas as vacantes definitivas dos corpos de profesores de ensino secundario e outros.
Na súa virtude, esta consellería
DISPÓN:
Modifícase o anexo I da Orde do 24 de abril de 2003 (DOG do 12 de maio), non existindo vacante de matemáticas (profesores de ensino secundario) no CPI Padín Truiteiro de Arcade-Soutomaior (Pontevedra) nin de hostalería e turismo (profesores de ensino secundario) no IES Valentín Paz Andrade de Vigo (Pontevedra).
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2003.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria