Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.290

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de xuño de 2003 pola que se convocan para a elección de destino provisional os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escalas de arquitectos e enxeñeiros agrónomos e no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axudantes facultativos de arquivos, bibliotecas e museos.

Polas ordes do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro) convocouse proceso selectivo para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo

superior da Xunta de Galicia (grupo A) e do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B); unha vez elevadas a definitivas as propostas de aspirantes que superaron este proceso selectivo nas escalas de arquitectos, enxeñeiros agrónomos e axudantes facultativos de arquivos, bibliotecas e museos polas ordes do 23 de abril de 2003 (DOG nº 82, do 29 de abril), do 15 de maio de 2003 (DOG nº 97, do 21 de maio) e do 13 de maio de 2003 (DOG nº 96, do 20 de maio) e co obxecto de que os aspirantes que superaron o dito proceso accedan á condición de funcionarios coa maior brevidade posible, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escalas de arquitectos e enxeñeiros agrónomos e no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axudantes facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, para a elección de destino provisional, en único chamamento, no salón de actos pequeno da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública sito no soto desta consellería no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela o día 12 de xuño de 2003, ás 10 horas.

Os aspirantes poderán elixir segundo a orde acadada no proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, entre os postos que se relacionan no anexo I (escala de arquitectos), anexo II (escala de enxeñeiros agrónomos) e anexo III (escala de axudantes facultativos de arquivos, bibliotecas e museos).

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa personalidade.

Os que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Unha vez rematado o proceso de adxudicación das prazas ós aspirantes presentes ou representados, ós que non comparezan persoalmente nin por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lle correspondan atendendo á orde de publicación destas e ó número obtido no proceso selectivo, entre as que quedasen sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública