Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.290

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do convenio colectivo da Deputación Provincial da Coruña.

Visto o expediente de modificación do convenio colectivo da Deputación Provincial da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-3-2003, complementado o 4-4-2003, subscrito en representación da parte económica pola Deputación Provincial da Coruña, e da parte social, polo comité de empresa o día 10-2-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de maio de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta de constitución da comisión negociadora

do convenio colectivo do persoal laboral

Na deputación provincial, ás 11 horas do día 17 de xaneiro de 2003, constitúese a comisión negociadora do convenio colectivo do persoal laboral.

Por parte da corporación: Dositeo Rodríguez Rodríguez.

Por parte do comité de empresa:

Silvia Suárez Moya.

Juan Pájaro Hermo.

Jorge Muñoz Martínez.

Antonio Gómez Charlín.

Andrés Couso Gómez.

Secretaria: Ana Marcos García.

Desígnase presidente titular a Dositeo Rodríguez Rodríguez e presidente suplente a José Luis Fernández Mouriño, que escusa a súa asistencia; secretaria titular a Ana Marcos García e secretaria suplente a Mª José López Pérez, que excusa a súa asistencia.

E sendo as once horas e quince minutos do día ó principio sinalado, levántase a sesión, estendéndose esta acta que asinan os presentes en proba de conformidade, todo o cal eu, como secretaria, certifico.

Comisión negociadora do convenio

colectivo do persoal laboral

Na deputación provincial, sendo as dez horas do día 10 de febreiro de 2003, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo do persoal laboral.

Presidente: Dositeo Rodríguez Rodríguez.

Concorren os seguintes membros do comité de empresa:

Silvia Suárez Moya.

Juan Pájaro Hermo.

Jorge Muñoz Martínez.

Antonio Gómez Charlín.

Andrés Couso Gómez.

Antonio Corral Vilela.

Secretaria: Ana Marcos García.

A comisión acorda modifica-lo vixente convenio colectivo do persoal laboral nos termos seguintes:

«Artigo 59º.-O persoal contratado baixo a modalidade de contrato de inserción, en desenvolvemento de convenios ou con cargo a subvencións nas que interveñan outras administracións, percibirá as retribucións correspondentes á cantidade subvencionada sen que en ningún caso sexan inferiores ás correspondentes ó importe da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza a categoría profesional desempeñada polo traballador desempregado contratado.

Cando a duración do contrato non sexa superior a un ano, quedarán excluídos do réxime de axudas sociais que concede a deputación».

E sendo as dez horas e trinta minutos do día sinalado ó principio, levántase a sesión, estendéndose esta acta, que asinan os asistentes en proba de conformidade, de todo o cal eu, como secretaria, certifico.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA