Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.287

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio do moble.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector do comercio do moble (código convenio 1500335) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-3-2003, complementado o 16-4-2003, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Comercio de Mobles, e da parte social, por UGT, CC.OO. e CIG o día 19-2-2003, emendado o 16-4-2003, de conformi

dade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de maio de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para as empresas do comercio de mobles da Coruña 2002

Artigo 1º

Este convenio é de obrigada aplicación para tódalas empresas e traballadores da provincia da Coruña dedicadas ó comercio de mobles. Exceptúanse aquelas empresas que teñan convenio propio, sempre que as súas condicións, no seu conxunto, sexan superiores ás aquí pactadas.

Artigo 2º

O convenio páctase por un ano, desde o 1 de febreiro de 2002 ata o 31 de xaneiro de 2003.

Artigo 3º.-Cláusula de garantía.

O incremento salarial do convenio será o 4,5%.

Artigo 4º.-Denuncia.

O convenio prorrogarase por períodos anuais, cunha suba salarial automática do IPC real do ano anterior, se ningunha das partes o denuncia con tres meses de antelación á data de expiración do seu período de vixencia.

A denuncia deberá comunicarse á outra parte por escrito e, se é o caso, ó organismo competente da Administración.

Artigo 5º.-Respecto de dereitos, compensación e absorción.

Respetaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio respecto ás materias obxecto da súa regulación.

Tódalas melloras contidas neste convenio, estimadas no seu conxunto, establécense co carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións actualmente implantadas nas distintas empresas,

que impliquen situacións máis beneficiosas que as convidas serán respectadas e non suprimidas.

Artigo 6º.-Condicións económicas.

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio serán, as que se conteñen nas táboas salariais que se unen como anexo, que son o resultado dun incremento do 4,5 por cento sobre os salarios revisados de 2001.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Os cuadrienios previstos no artigo 38 da Ordenanza laboral do comercio consistirán na percepción do cinco por cento do salario base por cada cuadrienio con respecto a cada categoría.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias, que se farán efectivas nos días laborables inmediatamente anteriores ó 15 de xullo e 22 de decembro, e dentro do primeiro trimestre do ano a correspondente ó mes de marzo.

As tres pagas aboaranse cunha mensualidade do salario base e antigüidade que figuran na táboa anexo deste convenio.

Artigo 9º.-Incapacidade laboral transitoria.

O persoal comprendido no réxime de asistencia á Seguridade Social, ademais dos beneficios outorgados por ela, terá dereito, en caso de enfermidade ou accidente debidamente acreditado, a que a empresa lle complete as prestacións obrigatorias desde o primeiro día da súa percepción ata o importe íntegro das súas retribucións, cun tempo máximo de 12 meses.

Artigo 10º.-Premio de xubilación.

O premio establecido por xubilación para aqueles traballadores con máis de 20 anos de permanencia na empresa quedará fixado en dúas mensualidades de salario base e antigüidade para os afectados por este convenio.

Artigo 11º.-Incentivo á xubilación anticipada.

O traballador que, por proposta da empresa e de acordo ámbalas partes, se xubile voluntariamente con anterioridade a cumpri-los 65 anos, terá dereito a percibir por parte da empresa unha cantidade periódica que, sumada á prestación por xubilación, sexa igual ó 100 por cento da base reguladora establecida polo INSS para o cálculo da pensión ata cumprir 65 anos.

Percibirá, ademais no momento de xubilarse un premio equivalente á doceava parte do salario anual.

A jubilación será obrigatoria ós 65 anos para tódolos traballadores dos cales a cotización lles permita xubilarse co 100 por cento da base reguladora.

Artigo 12º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, que supón un cómputo anual de 1.818 horas, salvo que por norma de rango superior se cambiase a dita xornada ou cómputo anual.

Artigo 13º

Ademais dos días sinalados no artigo 37 do Estatuto dos traballadores, os traballadores afectados por este convenio tenán dereito a dous días por asuntos propios, que poderán ser acumulados ás vacaciones, logo de acordo coa empresa.

Artigo 14º.-Vacacións.

Os traballadores gozarán dun período de 30 días naturais de vacacións, preferentemente en verán. Poderanse establecer quendas rotatorias para a elección do período de vacacións, comezando polo traballador de máis antigüidade.

Artigo 15º.-Desprazamentos.

Os traballadores que, por necesidade da súa función, teñan que desprazarse e efectuar fóra do seu domicilio algunha comida ou ben pernoitar, terán dereito a que a empresa lles aboe os gastos correspondentes, logo de presentación do xustificante deles.

Artigo 16º.-Quebrantamento de moeda.

Os cobradores percibirán por este concepto a cantidade de 29,54 A mensuais.

Artigo 17º.-Garantías sindicais.

As empresas respectarán o dereito dos traballadores a sindicárense libremente.

Os traballadores afiliados a un sindicato ou asociación legalmente constituídos poderán distribuír información e recadar cotas fóra das horas de traballo, sen perturba-la actividade normal da empresa.

Por requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato con incidencia superior ó 15% do cadro de persoal do centro de traballo, as empresas descontarán da nómina do persoal o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado remitirá un escrito á empresa no que expresará a orde de desconto, a central a que pertence, a contía da cota, así como o número de conta corrente a que debe ser transferida a cantidade. Iso, na empresa que conte con máis de 30 traballadores.

As empresas efectuarán as anteditas detraccións, salvo indicación en contra, durante períodos dun ano.

Os representantes dos traballadores elixidos conforme a normativa vixente disporán dun crédito de horas para o desenvolvemento da súa actividade sindical.

As horas retribuídas dos membros do comité de empresa de empresas de máis de 30 traballadores poderán acumularse para seren gozadas por un ou varios de entre eles, sen supera-lo número total de horas e logo de acordo entre os interesados, notificando á dirección da empresa con oito días de antelación ó comezo do mes de que se trate, e nos supoña alteración grave do réxime laboral dela.

Artigo 18º.-Comisión paritaria.

Constituirase unha comisión paritaria integrada por dous representantes dos empresarios e dous dos traballadores, para a interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do convenio entre as centrais UGT, CC.OO. e CIG, e a Asociación de Empresas do Comercio do Moble.

Parte empresarial:

-Miguel Agromayor Vázquez.-Fernando Fernández Fernández.-José Fernández Bonome.

Parte social:

-Soledad Méndez Rodríguez (CC.OO.).-Nieves Montes Patiño (UGT).-Lois Soto Sabio (CIG).

Artigo 19º.-Seguro de accidente.

As empresas subscribirán un seguro de accidente que cubran os seguintes riscos durante as 24 horas do día:

A) Morte por accidente.

B) Invalidez absoluta e total por accidente.

O capital asegurado será de 6.000 euros en ámbolos casos.

As empresas que contratasen o seguro correspondente cunha compañía aseguradora non responderán subsidiariamente, en ningún caso, do pagamento da indemnización correspondente ós accidentes aquí previstos.

Artigo 20º.-Cláusula de desvinculación.

As empresas que tivesen perdas durante os exercicios 2000 e 2001, e as previsións para o 2002 e 2003 foran similares, poderán prescindir da aplicación dos salarios pactados neste convenio.

No prazo de dous meses desde a publicación deste convenio, as empresas que pretendan acollerse a esta cláusula deberán presenta-la solicitude á comisión mixta do convenio, ante a que deberán acreditar, no caso de sociedades e empresas obrigadas pola normativa fiscal ó mantemento de contabilidade, as contas anuais presentadas no rexistro mercantil e as declaracións correspondentes presentadas ante a axencia tributaria. As demais empresas deberán acreditalo mediante a documentación que acredite suficientemente a súa situación a xuízo da comisión.

Poderase solicita-la presencia dos representantes dos traballadores, así como de documentación aclaratoria que se coide necesaria.

De non existir acordo no seo da comisión mixta, as partes acordan o sometemento á arbitraxe do AGA.

As empresas acollidas a ésta cláusula, de acordo cos traballadores, poderán aplicar incrementos salariais menores ós aquí pactados ou, incluso, non incrementa-los salarios durante a vixencia do convenio.

Tódolos membros da comisión, así como os seus asesores, obríganse a manter na maior reserva a información recibida, observando o maior sixilo profesional.

Artigo 21º.-Contratación temporal.

Son traballadores eventuais aqueles admitidos para atende-las esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa, sempre que así conste por escrito.

Os traballadores así contratados terán os mesmos dereitos e igualdade de trato que os demais traballadores do cadro de persoal, salvo as limitacións que se deriven da natureza e duración do seu contrato.

O contrato previsto no artigo 15.1º b) do ET poderá ter unha duración máxima de 12 meses nun período de 18.

Artigo 22º.-Contratación indefinida.

As empresas obríganse a ter unha porcentaxe de emprego fixo respecto ó cadro de persoal total de, polo menos, un 50%.

A petición da representación legal dos traballadores, as empresas entregarán por escrito ó dito representación, semestralmente, a relación de traballadores coa modalidade de contrato que ten cada un deles. A comisión paritaria poderá requirirlles ás empresas a mesma información.

Así mesmo, de acordo co establecido na letra b) do punto 2 da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, ámbalas partes coinciden en que, durante toda a vixencia deste convenio, será posible a conversión de tódolos contratos temporais celebrados durante a vixencia deste convenio no contrato para o fomento da contratación indefinida, regulado pola dita disposición.

Artigo 23º

En caso de que non se cumpra o establecido no artigo 22º, as empresas ateranse ó disposto no ET.

Cláusula adicional única

As empresas farán efectivo o pagamento dos atrasos como data límite na nómina correspondente ó salario do mes de marzo do ano 2003.

Convenio colectivo para as empresas de comercio

de mobles da Coruña

Táboas salariais 2002

Categoría

Salario

mensual

euros

Cómputo

anual

euros

Grupo I

Persoal técnico titulado

Titulado de grao superior854,3212.814,78
Titulado de grao medio797,4911.962,38

Grupo II

Persoal mercantil non titulado

Director1.034,9315.523,89
Xefe de persoal854,3212.814,78
Xefe de compras854,3212.814,78
Xefe de vendas854,3212.814,78
Encargado xeral854,3212.814,78
Encargado de establecemento797,4911.962,38

Persoal mercantil propiamente dito
Dependente657,989.869,76
Corredor de praza664,099.961,31
Aprendiz de primeiro ano445,606.683,98
Aprendiz de segundo ano464,296.964,40
Aprendiz de terceiro ano498,767.481,36

Grupo III

Persoal administrativo

Contable797,4911.962,38
Oficial administrativo676,7610.151,44
Auxiliar administrativo612,209.183,04

Grupo IV

Persoal de servicios e actividades auxiliares

Escaparatista680,9110.213,67
Delineante648,619.729,16
Oficial 1ª e chofer (con permiso de 1ª)647,609.713,95
Oficial 2ª e chofer (con permiso de 2ª)626,769.401,39
Axudante612,199.182,89
Mozo especializado612,199.182,89
Mozo609,579.143,54

Grupo V

Persoal subalterno

Cobrador657,989.869,76
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro e persoal de limpeza563,758.456,19