Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2003 polo que se anuncia o concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da obra de depósito de almacenamento, equipo de elevación e bombeo de auga e tubaxe de abastecemento a parque empresarial e vivendas do Plan Provincial de Obras e Servicios de 2003.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arbo (Pontevedra).

2. Obxecto: contrato de obra depósito de almacenamento, equipo de elevación e bombeo de auga e tubaxe de abastecemento a parque empresarial e vivendas.

Prazo de execución: 3 meses.

Lugar de execución: Concello de Arbo.

3. Tramitación: urxente, procedemento: aberto, forma: concurso.

4. Orzamento da obra: 80.036,33 euros (inclúe IVE e honorarios redacción do proxecto).

5. Garantía provisional: non se esixe. Garantía definitiva de 3.201,45 euros.

6. Documentación: Secretaría do Concello de Arbo. Praza do Consistorio, 1, Arbo. CP 36430. Teléfono: 986 66 50 00.

7. Requisitos do contratista: non se esixe clasificación.

8. Presentación de ofertas: no rexistro xeral do Concello de Arbo, ata as 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Non se admiten preposicións por correo.

9. Apertura de ofertas: no salón de sesións da Casa do Concello de Arbo ás 13 horas do terceiro

día hábil seguinte contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que sexa sábado celebrarase o día seguinte hábil.

10. Gastos dos anuncios no Diario Oficial de Galicia e no BOP, a cargo do adxudicatario.

Arbo, 7 de maio de 2003.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde