Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 8 de maio de 2003 aprobou con carácter inicial o Plan especial da zona verde do río Trabe que ten por obxecto preservar e protexer un tramo do río Trabe así como o seu contorno e ó mesmo tempo ordenar unha gran zona de espacios libres de recreo e expansión.

Durante o prazo dun mes contado desde a última das publicacións deste anuncio (DOG e xornais) poderá ser examinado o documento nas oficinas municipais da Área de Urbanismo e formularse as alegacións que se estimen pertinentes.

Culleredo, 14 de maio de 2003.

P.D. (Resolución 22-10-1999;

BOP do 13 de novembro)

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo