Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2003, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso, procedemento aberto, para a contratación, da asistencia técnica para o desenvolvemento das actividades relativas a protección radiolóxica. (Expediente 25/2003).

O director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso:

Expediente: 25/2003.

Obxeto: contratación da asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades relativas a protección radiolóxica e radiofísica hospitalaria.

Orzamento: 134.331 euros.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares que rexen este concurso.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital do Meixoeiro, Meixoeiro s/n, 36200 de Vigo. En días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 986 81 11 59, fax: 986 81 11 39.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro, a partir das

9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 29 de maio de 2003.

Jesús Vázquez Almuiña

Director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo