Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Juan José Lorenzo Salgado.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 143/03 (procedemento abreviado) interposto por Juan José Lorenzo Salgado na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

O recorrente, aspirante das categorías de auxiliar administrativo e persoal de servicios xerais, pretende o incremento da puntuación asignada polo epígrafe de formación e a súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado

como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos