Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.242

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (90/2003).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de María Dolores Álvarez Maciñeira, contra Juan José Cajigal Blanco, sobre demanda de divorcio número 90/2003, se dictou o seguinte edicto:

Cédula de emprazamento.

«En virtude da resolución dictada con esta data por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, coñecendo en autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 90/2003, por instancia de María Dolores Álvarez Maciñeira, representada polo procurador José A. Castro Bugallo, pola presente e con entrega das oportunas copias de demanda e documentos que se acompañan, confírese traslado desta e emprázase a demandada que se dirá para que, no improrrogable prazo de vinte días, compareza en autos, por medio de avogado e procurador, e conteste a demanda, propoñendo, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de non facerlle máis notificacións que as sinaladas na lei».

E para que conste, e sirva de emprazamento á parte demandada Juan José Cajigal Blanco, estendo a presente cédula na Coruña, 8 de maio de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado