Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(601/2002). Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 601/2002 por instancia de Carlos López Villar contra Protec

ción a Industrias, S.L. sobre salarios, nos que se dictou sentencia con data do 28-2-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Carlos López Villar contra a empresa Protección a Industrias, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que abone á demandante a cantidade de 2.588,41 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o comprobante de ter depositado na conta aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. y Banco de Vitoria, S.A.), co número 5.605 0000 60 0601 02, a cantidade obxecto de condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0601 02 e entrega-lo comprobante na secretaría, ó tempo de

interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Protección a Industrias, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o cinco de maio de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado