Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.242

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2003 pola que se adxudican dúas bolsas de colaboración en materia de redacción e corrección do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia, convocadas por Resolución do 15 de novembro de 2002 (Boletín Oficial do Parlamento de Galicia número 237, do 20 de novembro e Diario Oficial de Galicia número 235, do 5 de decembro).

A Mesa do Parlamento de Galicia, na reunión do 26 de maio de 2003, de acordo coa proposta formulada polo tribunal cualificador encargado da selección de dous bolseiros en materia de redacción e corrección do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia, na reunión do 20 de maio de 2003, logo de remata-la valoración das dúas fases de selección e totaliza-la súa puntuación definitiva, e de conformidade co establecido nas bases sétima e oitava desta convocatoria (BOPG nº 237, do 20 de novembro e DOG nº 235, do 5 de decembro), adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

Primeiro.-Concede-las dúas bolsas de colaboración en materia de redacción e corrección do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia, de conformidade co establecido na base sétima.2 desta convocatoria, ós dous aspirantes que obtiveron unha maior puntuación, que se relacionan a continuación:

-Ana Belén Forte López.

-Alberte González Montañés.

Segundo.-Para os efectos da non aceptación ou das renuncias que poidan producirse, establecer unha lista con dez suplentes, integrada polos solicitantes que acadaron as seguintes maiores puntuacións, que se relacionan no anexo por orde de puntuación decrecente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados e as interesadas interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Mesa do Parlamento de Galicia no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non se formular recurso de reposición ou contra a súa resolución expresa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2003.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia

ANEXO

Moisés Barreiro Comedeiro.

María Isabel Míguez González.

Damián Suárez Vázquez.

Ana Ledo Villaverde.

María del Carmen Pazos Balado.

Mónica Vilas Cerneira.

Ruth Vázquez González.

María Isabel Acea Méndez.

Norma Rodríguez González.

Francisco A. Lestón Villar.