Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2003 Páx. 7.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003 pola que se fai pública a convocatoria de convenios de colaboración para o mantemento de actividade de salas estables de teatro, danza e exhibición escénica en xeral, para o ano 2003.

O Consello Rector do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais -IGAEM- aprobou na xuntanza do 21 de abril de 2003 a convocatoria de convenios de colaboración para o mantemento da actividade de salas de teatro, danza e exhibición escénica en xeral, durante o ano 2003.

As salas interesadas poden recolle-las bases da convocatoria no rexistro do IGAEM, pavillón de Galicia, San Lázaro, s/n Santiago de Compostela.

A convocatoria está destinada ó mantemento da actividade teatral de salas privadas constituídas xuridicamente como tales, que dispoñan dun local propio ou arrendado polo menos a partir do ano 2001 e que continúen na actualidade coa programación da sala.

O importe total da convocatoria é de 72.000 A (setenta e dous mil euros), que correrán con cargo á partida orzamentaria do IGAEM 10.60.354A.640.1 dos que se poderá xustificar ata un 20% do convenio como investimento en inmobilizado material permanente no local relativo ó equipamento técnico ou material da sala e mesmo en substitución de equipamento similar en arrendamento, o que redundaría na mellora das condicións desta. En calquera caso deberá dedicar para este fin polo menos un 10% da contía do convenio.

As salas que desexen formula-la súa solicitude farano presentando a documentaión técnica, administrativa e económica requirida no articulado da convocatoria na que constan así mesmo os paráme

tros de valoración que se van aplicar, documentación que se presentará no rexistro do IGAEM ou por calquera dos medios establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo improrrogable de 40 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución do Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.

José Manuel Soto Virulegio

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais