Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2003 Páx. 7.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto para a contratación do servicio de seguridade e vixilancia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

a) Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 66 17. Fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de seguridade e vixilancia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

3. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento total: cento oitenta e un mil euros (181.000 A).

b) Aplicación orzamentaria: 10.03.357A.227.01.

4. Prazo de execución.

Doce meses.

5. Fianzas.

Provisional: tres mil seiscentos vinte euros (3.620 A).

Definitiva: catro por cento do importe da adxudicación definitiva.

6. Clasificación do contratista: categoría B, grupo M, subgrupo 2.

7. Presentación de propostas.

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio San Caetano, bloque 3-2º piso, 15711 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo sexto día natural, ás catorce horas; se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en dous sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición.

O que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e no seguinte enderezo da rede Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2479.

11. Apertura de proposicións.

Terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ás 12 horas, o décimo día seguinte á data de finalización do prazo de presentación de ofertas polos interesados; se este día fose sábado procederase á apertura das proposicións o día hábil seguinte.

12. Anuncios.

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural