Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2003 Páx. 7.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Lucila Blanco Iglesias.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Ourense tramítase o recurso número 46/2003 (procedemento abreviado) interposto por Lucila Blanco Iglesias, na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

A recorrente, aspirante da categoría de pinche, pretende a asignación de 70 puntos polo punto de experiencia profesional, un total de 191,1 no concurso-oposición e a súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos