Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2003 Páx. 7.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais, a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, e a aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 326/2002).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e dos decretos 442/1990, de avaliación do impacto ambiental e 327/1991, de avaliación de efectos ambientais, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Gamesa Energía, S.A. con enderezo na avenida do Cruceiro da Coruña, 201-A de Santiago de Compostela, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

Liña eléctrica aérea de alta tensión a 66 kV, en dobre circuíto, sobre apoios metálicos en celosía e con conductor LA-280, de 15.524 m de lonxitude, con orixe na subestación eléctrica do parque eólico Serra da Loba, que se instalará, seguido de sub

terráneo, baixo tubo e con conductor XLPE de 36/66 kV de 2x(3x1x630 mm) Al, de 2.160 m de lonxitude e final na subestación de Sidegasa de Unión Fenosa Distribución, S.A., que discorre polos concellos de Aranga e Curtis.

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminstracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 21 de maio de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL