Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2003 Páx. 7.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación para a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 28/2001).

O 28 de xaneiro de 2003 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas dictou resolución pola que se autoriza administrativamente, se declara, en concreto, de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da L.A.T. a 132 kV enlace apoio nº 43 da L.A.T. 132 kV sub. Montouto-sub. Nordés/apoio nº 22 da L.A.T. 132 kV sub. Boimente-sub. Penagrande, expediente 28/2001 A.T. que afecta os concellos de Ourol e O Valadouro.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Baseándose no anterior, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar, os días 18, 19 e 20 de xuño de 2003, a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se expón como anexo a esta resolución e tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Ourol, deducida da que

se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 24 de decembro, no BOP de Lugo do 17 de decembro e no xornal El Progreso do 14 de decembro de 2001, para que comparezan no Concello de Ourol, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

Desta convocatoria, darase traslado ós interesados mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas, así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Ourol, estará exposta a data do levantamento de actas. Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podendo ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3º da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a tódolos interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emenda-los posibles erros padecidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiacióin forzosa).

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidera practicar e así dirixi-las dilixencias ó Ministerio Fiscal segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Lugo, 19 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 28/2001Provincia: LugoTermo municipal: Ourol.

L.A.T. 132 kV enlace apoio nº 43 L.A.T. 132 kV sub. Montouto-sub. Nordés/apoio nº 22 L.A.T. 132 kV sub. Boimente-sub. Penagrande.

ApoioVoo

Nº predioCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

3Monte baixoTitular proposto por acordo de concentración parcelaria de Miñotos: Baro Canto, José e outros. Representante: Ministerio Fiscal13,14

15,16

14271914.311

4Monte baixoTitular proposto por acordo de concentración parcelaria de Miñotos: monte veciñal do barrio de Cerdeiras. Representante: Ministerio Fiscal17,18

19

11880815.716

5Monte baixoTitular proposto por acordo de concentración parcelaria de Miñotos: monte veciñal do barrio de Cerdeiras. Representante: Ministerio Fiscal167

ApoioVoo

Nº predioCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

6Monte baixoAmadora Calvo Barro (rpta. Adonino Trigo Calvo)r/ Fuencarral, 137-6ª, int.-dta.

Madrid

47946

7Monte baixoDelia Fernández CalvoCasabella, 1, Miñotos-Ourol

Lugo

45902

9Monte baixoMaribel Mosquera CoraO Pedregal, 3-3º A, Covas-Viveiro

Lugo

5100

10Monte baixoSabina Rouco VeigaRúa Grande, 126-1º, Celeiro-Viveiro

Lugo

15300

12Monte baixoJosé Luis Porto Martínez e Martina Martínez FernándezAvda. de Ferrol, 21-2º dta., Viveiro

Lugo

9180

14Monte baixoMª Carmen Fraga HermidaRúa Cabanas, 63-3º A, As Pontes

A Coruña

20405

17Monte baixoDolores Veiga Caor/ Misericordia, 79-2º, Viveiro

Lugo

20400

18Monte baixoJosé Luis Porto Martínez e Martina Martínez MartínezAvda. de Ferrol, 21-2º dta., Viveiro

Lugo

30604

22Monte baixoTomás García ChaoSuasbarras, 1-1º, Covas-Viveiro

Lugo

851.423
Manuel García ChaoSuasbarras, 19-2º, Covas-Viveiro

Lugo

Francisco García ChaoAlmirante Chicharro, 31, Viveiro

Lugo

María García ChaoSuasbarras, 19-1º, Covas-Viveiro

Lugo

23Monte baixoFrancisco Pérez RoucoCerdeiras-Miñotos-Ourol

Lugo

7257