Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2003 Páx. 7.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto L.A.T. aérea 132 kV desde subestación do Parque Eólico Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto, no Concello de Abadín (Lugo), promovido pola empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A. (Clave: 2001/1070).

En cumprimento do disposto no artigo 5º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 13 de marzo de 2003 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto L.A.T. aérea 132 kV desde subestación do Parque Eólico Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto, no Concello de Abadín (Lugo), promovido pola empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

Estudio de impacto ambiental de la L.A.T. 132 aérea kV desde subestación do Parque Eólico Álabe-Terral hasta la L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto. Agosto 2002-Proyecto L.A.T. 132 aérea kV desde subestación do parque eólico Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto. Xaneiro 2001.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sen prexuízo do disposto no artigo 6.4º do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudio ambien

tal e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

Esta declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, para interconexión do Parque Eólico Álabe-Terral coa L.A.T. a 132 kV Mondoñedo-Montouto, de 2.003 m de lonxitude, composta por un circuíto cun conductor por fase LA-180, con illadores e cable de terra OPGW, sobre apoios metálicos de celosía.

A traza discorrerá polo concello de Abadín, na provincia de Lugo, segundo o plano titulado Plano de situación da L.A.T. Agosto 2002. Follas 1 a 3 do estudio de impacto ambiental, sendo as coordenadas UTM dos apoios as seguintes:

Nº apoioUTM XUTM Y

1623.9674.809.190

2623.8234.809.346

3623.5194.809.673

4623.6864.810.201

5623.7244.810.322

6623.7754.810.482

7623.8964.810.866

2. Protección da atmósfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Co fin de diminuí-la emisión de po á atmosfera, que se poida producir pola execución dos accesos e polos labores de escavación para a cimentación dos apoios, procederase, en períodos de seca, á humectación das zonas onde se estean realizando estes traballos, especialmente nas zonas poboadas e nas que teñan vexetación de interese.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8º do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

Para tal fin, realizarase un seguimento do nivel de ruído durante a fase de construcción da liña. Dado que a traza da L.A.T. discorre polas poligonais dos parques eólicos Álabe-Terral e Álabe-Labrada, deberanse propoñer puntos de control dos dous parque eólicos e non só do Parque Eólico Álabe-Terral. Polo que se deberá presentar unha nova proposta de puntos para o control de ruído na fase de obra, conforme o requirido no punto 11.2 desta DIA.

Terase en conta que as medicións deben ser efectuadas por entidade homologada por esta dirección xeral, e os informes de resultados presentaranse asinados por técnico da entidade realizadora da medición.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga, así como calquera captación ou vertedura, precisará da autorización do órgano de conca competente segundo o caso, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, axustándose ás directrices do Plan hidrolóxico de Galicia-Costa.

As obras non poderán afectar á calidade e volume das augas que teñan por finalidade o abastecemento público dos núcleos e das zonas de afección das construccións, tendo prioridade este servicio fronte a calquera outro.

Extremaranse as precaucións na execución de obras nas zonas de afección á rede hidrolóxica, adoptando tódalas medidas protectoras e correctoras necesarias. Nos terreos próximos ós cursos de auga, instalaranse mallas ou outros dispositivos para evita-la escorrega, impedindo a incorporación de sólidos ás augas.

Non se acumularán terras, entullos, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume e policía dos cursos fluviais e áreas hidromorfas, nin interferindo na rede natural de drenaxe, para evita-la súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos de auga.

Non estando previsto no estudio de impacto presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este, necesariamente, será provisto desde planta ou plantas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

Calquera operación de formigonado próxima ós leitos dos ríos deberase realizar en condicións estancas, evitando en todo momento o contacto ou vertedura de formigón.

4. Protección do solo.

Realizarase unha delimitación das zonas de obra, estando prohibido invadir terreos fóra dos inicialmente previstos. A circulación de maquinaria restrinxirase ós accesos.

Aproveitarase ó máximo a rede de camiños xa existentes, co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso, segundo o indicado no estudio ambiental.

No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós traballos de instalación da liña, deberá restituírse a súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas. As obras que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terrapléns. No caso de que se produzan sobrantes de terras, estes deberán ser levados a lugar autorizado por órgano competente.

Nos terreos de forte pendente utilizaranse apoios con patas desiguais co fin de minimiza-lo terreo afectado polas escavacións.

A capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada previamente ós labores de escavación e execución de accesos, e amoreada coas seguintes características, dependendo do seu uso final:

No caso de reutilizala na restauración, os amoreamentos non superarán os dous metros de altura.

No caso de abandono, a altura máxima permitida dos amoreamentos será de 50 cm, e a revexetación deberá ser inmediata.

Os lugares de amoreamento de terra vexetal estarán fóra do tránsito da maquinaria, para evita-la súa compactación, de xeito que non perda a súa calidade e poida ser empregada posteriormente nos labores de restauración. No caso de que pasen máis de seis meses deberá airearse. Asemade, a zona de localización debe ter pendentes suaves e escaso valor ambiental.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da instalación, explotación e desmantelamento da L.A.T. deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de obras realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de verteduras accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (mobilidade restrinxida), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables e dispoñendo os medios necesarios para a recollida de posibles verteduras.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.

Mentres tanto non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construc

ción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

6.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, adoptaranse as medidas preventivas e correctoras descritas na documentación avaliada e levarase a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto no estudio ambiental, co fin de comprobar se se producen colisións e/ou electrocucións de aves co tendido, identificando en qué zonas se producen e qué especies son afectadas.

Terase en conta que a duración do plan de vixilancia será durante toda a vida útil da L.A.T. O plan de seguimento de avifauna proposto deberá ser completado segundo o requirido no punto 11.3 da DIA.

Así mesmo, efectuarase o seguimento das posibles sinerxias proposto no anexo 7 do estudio de impacto ambiental. A este respecto, presentaranse os informes coa periodicidade indicada no anexo Efectos sinérxicos e proposta de plan de vixilancia sobre a posible aparición deles do estudio de impacto ambiental.

6.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario.

No caso dos accesos ós apoios por rodadura, deberanse utilizar métodos de roza que permitan unha rápida rexeneración da cuberta vexetal orixinaria. No caso de achega dalgún tipo de material de recheo e/ou xeotéxtil deberá ser retirado na súa totalidade.

En calquera caso, previamente á corta de arborado realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira rexerá o disposto na Resolución do 27 de maio de 2002 (e posteriores correccións de erros), da Consellería de Medio Ambiente, relativa á tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberá procederse á súa trituración e espallamento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo e diminuí-lo risco de incendios forestais.

Tódolos terreos afectados, deteriorados ou deforestados pola execución das obras (instalación dos apoios, execución de accesos...) deberán ser res

taurados e revexetados, restituíndo a vexetación autóctona presente na zona e favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Asemade, garantirase o mantemento da revexetación ó longo do tempo.

Aqueles accesos que non vaian ser empregados durante a fase de funcionamento da liña deberanse reintegrar na paisaxe, revexetándoos en toda a súa extensión.

Para tal fin, desenvolverase o proxecto de revexetación incluído como anexo 2 do estudio ambiental.

6.3. Sobre os hábitats naturais.

Prestarase especial atención en non compromete-la persistencia dos hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario presentes na área de influencia da liña, asegurando o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, tal como se establece na Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

Con este obxectivo, o acceso ó apoio nº 2 deberá ser desprazado, co fin de evitar a afección á turbeira mineralotrófica de val. A tal fin, deberase presentar unha proposta de desprazamento, segundo o requirido non punto 11.1 da DIA.

A dirección de obra deberá dispoñer de planos detallados da distribución dos hábitats de interese comunitario e áreas para preservar, e será asesorada en todo momento das condicións para a súa protección.

En calquera caso, durante as fases de replanteo, apertura ou acondicionamento de accesos e instalación da liña, realizarase un seguimento por parte do equipo de seguimento ambiental do proxecto, co obxecto de verificar que non se producen impactos imprevistos e que se adoptan as medidas protectoras e correctoras necesarias para a súa preservación, tanto as indicadas na documentación avaliada como as establecidas nesta declaración.

Así mesmo, poderá solicitarse a adopción de medidas compensatorias, de estimarse necesarias no seu momento.

No caso de que se detectase algún impacto non previsto na documentación presentada polo promotor ou nesta declaración, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, poñendo en coñecemento desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a incidencia detectada, quen a avaliará e informará sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

A vexetación pioneira sobre rocha silícea existente na zona deberá ser preservada de calquera afección. Se isto implicase o desvío dalgunha infraestructura ou instalación, rexerá o indicado no punto 13.4 desta DIA.

7. Protección do patrimonio cultural.

Tódalas actuacións que impliquen remocións de terras nos contornos de protección (200 m) das enti

dades arqueolóxicas serán obxecto de control e seguimento arqueolóxico a pé de obra durante a fase de execución.

En relación ós puntos arqueolóxicos PU000807D02 e PU000229R02, afectados pola instalación dos apoios 3 e 5 respectivamente, é necesario a realización de sondaxes valorativas previas ós movementos de terras destinados á instalación dos anteditos apoios.

Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución de terreos en todo o ámbito da liña eléctrica. Nas obras que impliquen remocións de terras inspeccionaranse os perfís abertos e levarase a cabo a prospección de cobertura total daquelas áreas removidas en superficies. A tal fin e previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa compresión.

Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

8. Protección dos valores paisaxísticos.

O conxunto de elementos que configuran a liña, principalmente os accesos de nova creación, os noiros e os terrapléns, deberán integrarse na paisaxe.

Se os afloramentos rochosos existentes na zona tivesen interese xeomorfolóxico ou paisaxístico deberán ser preservados de calquera dano. Se isto supuxese o desvío dalgunha infraestructura ou instalación, haberá que aterse ó indicado no punto 13.4 desta DIA.

9. Outras medidas.

No referente ó cruzamento entre liñas, atenderase ó disposto no Decreto 3151/1968, do 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión (BOE 311, do 27 de decembro de 1968) e a súa corrección de erros (BOE 58, do 8 de marzo de 1969).

10. Fase de abandono.

Ó longo da fase de abandono, unha vez rematada a vida útil da liña de alta tensión, procederase, con carácter xeral, á desmontaxe e retirada dos apoios, retirada de calquera tipo de elemento susceptible de provocar contaminación, sendo entregados todos eles a xestor autorizado para a súa correcta eliminación e/ou reciclaxe. Así mesmo, restauraranse os accesos creados para a desmontaxe da liña.

A este respecto, deberase levar a cabo o plan de desmantelamento e abandono da liña incluído no anexo 2 do estudio de impacto ambiental.

11. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Proposta de desprazamento do acceso ó apoio nº 2, tendo en conta o indicado no punto 6.3 da DIA.

11.2. Nova proposta xustificada de puntos de control do nivel de ruído, tendo en conta o indicado non punto 2.2 da DIA.

11.3. Definición das medidas que hai que adoptar no caso de acada-lo limiar crítico no seguimento de afección da L.A.T. sobre a avifauna, segundo o indicado no punto 6.1 da DIA.

11.4. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.5. Resultado das sondaxes arqueolóxicas valorativas nos PU00807D02 e PU00229R02, segundo o requirido no punto 7 da DIA.

11.6. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 desta DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó inicio das obras ata que conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a totalidade da documentación requirida.

Unha vez informado favorablemente por esta dirección xeral o cumprimento dos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, o cronograma estimado de obras, que conteña tódalas actividades, incluíndo

as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.

12. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, coa periodicidade indicada, tres (3) copias da seguinte documentación:

12.1. Durante a execución das obras, presentarase:

12.1.1. Con carácter mensual:

a) Cronograma de obras actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ó total. No cronograma figurará a data de actualización e os sucesivos cronogramas virán numerados correlativamente.

12.1.2. Con carácter trimestral:

a) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, incidencias ou imprevistos acontecidos, protección dos hábitats naturais, etcétera. O informe reflictirá o cumprimento das condicións establecidas na declaración, en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

b) Plano en planta, dotado de coordenadas UTM, a escala 1:5.000 ou maior detalle, onde se reflicta o avance dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ó total, referida ós distintos elementos que conforman o proxecto: accesos, implantación de apoios, tendido de cables, así como unha lista da localización dos apoios en coordenadas UTM.

c) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, conforme o punto 2.2 da DIA.

d) Informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos na fase de obras, conforme o estudio de sinerxias presentado.

12.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en funcionamento da liña e presentarase, no prazo máximo de dous (2) meses desde

o remate dos traballos, un informe fin de obras co seguinte contido mínimo:

a) Definición dos imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA, e descrición detallada do estado final da área afectada.

b) Plano en planta, dotado de coordenadas UTM, a escala 1:5.000 ou maior detalle, onde se reflictan tódalas accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados na fase de obra.

d) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os apoios, rúas para o tendido dos cables, estado de limpeza da área, en especial das zonas de instalacións de obra, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

12.3. Informe de seguimento ambiental, de periodicidade semestral contando desde o inicio da posta en servicio da liña, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se recollan os resultados do plan de restauración e revexetación, indicando os avances no proceso de rexeneración da cuberta vexetal en tódalas zonas afectadas polas obras, e aquelas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

b) Resultados do plan de seguimento de avifauna, conforme ó indicado no punto 6.1 da DIA.

c) Informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos, conforme ó punto 6.1 da DIA. Prestarase especial atención á avifauna e hábitats protexidos, indicando as medidas protectoras e/ou correctoras adoptadas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos.

Á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de explotación da liña, establecerase a periodicidade e contidos dos sucesivos informes de seguimento ambiental.

12.4. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da liña, remitirase o cronograma previsto das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación. Se é o caso, xuntarase un informe indicando as posibles variacións respecto do previsto no plan presentado polo promotor, xunto coa súa xustificación.

12.5. Informe posterior ó abandono: no prazo de dous (2) meses contado desde a fin das accións para

o desmantelamento e abandono da instalación, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión aplicada ós residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.

No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente a esta dirección xeral, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas.

13. Condicións adicionais.

13.1. A efectos de seguimento desta declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

13.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican nesta declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada esta DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

13.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

13.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá elaborarse tendo en conta a variable ambiental e será notificado previamente, a través do órgano substantivo, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando asemade se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

13.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó medio e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental. Proponse como importe do aval, que será actualizable e deberá fixa-lo órgano substantivo, a cantidade de vintecatro mil oitocentos setenta e sete euros con trinta e cinco céntimos de euro (24.877,35 A) correspondente ó orzamento de restauración nas fases de obra (5.657,98 A) e desmantelamento (19.219,37 A) da L.A.T.

13.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera intre e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á esta declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

13.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

13.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

13.9. Esta resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións desta.

13.10. O proxecto de referencia estará ó abeiro do disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

13.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

13.12. Como queira que a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia é preceptiva segundo o disposto no artigo 5.7º Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, non poderán iniciarse os traballos ata que sexa cumprido este trámite.

ANEXO I

Resumo do proxecto

O proxecto presentado prevé a instalación dunha liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, para conexión do Parque Eólico Álabe-Terral coa L.A.T.

a 132 kV Mondoñedo-Montouto, de 2.003 m de lonxitude, composta por un circuíto cun conductor por fase LA-180, con illadores e cable de terra OPGW, sobre 7 apoios metálicos de celosía.

As medidas protectoras e correctoras propostas na documentación avaliada inclúen as seguintes:

* Os motores da maquinaria teranse en perfecta posta a punto.

* Limitarase a velocidade dos vehículos na zona de obra.

* Toda a maquinaria utilizada estará homologada e cumprirá a normativa vixente sobre emisión de ruídos.

* As obras realizaranse en horario diurno.

* Humectación das pistas, zonas de obra e amoreamento de materiais co fin de evita-la emisión de po.

* Cubriranse as caixas dos camións con lona cando transporten materiais susceptibles de emitir po.

* Os explosivos ben continuados e retacados.

* Limitarase ó máximo o cordón detonante e os detonadores en superficie.

* Fraccionarase a pega mediante o uso do maior número posible de detonadores microretardados.

* Os cordóns detonantes e detonadores que se coloquen en superficie cubriranse cunha capa de terra ou area.

* As voaduras levaranse a cabo en período diurno.

* Non se levarán a cabo voaduras con condicións meteorolóxicas adversas para a propagación de po.

* Indicarase mediante sinais acústicos o comezo e remate do período de voaduras.

* Colocaranse dispositivos de protección que eviten a proxección de materiais.

* Delimitaranse as zonas de obra.

* Separación da capa de terra vexetal e mantemento das súas características.

* Os materiais sobrantes de escavación serán xestionados segundo a normativa vixente.

* As labores de mantemento da maquinaria non se realizarán na zona de obra.

* Realizarase un control topográfico dos límites de escavación.

* Os acesos para a montaxe da L.A.T. serán restaurados.

* Limitarase ó máximo a afección da cuberta vexetal.

* De ser necesario, utilizaranse medios físicos para evitar a erosión.

* Non se permitirá a limpeza de materiais e maquinaria na zona de obra.

* Os exemplares arbóreos que necesariamente teñan que ser eliminados serán marcados previamente ó inicio das obras.

* O tránsito de maquinaria realizarase exclusivamente nas áreas marcadas para tal efecto.

* Seguiranse as recomendacións do Decreto 275/2001 en canto a protección da avifauna.

* As instalacións de obra serán as mesmas cás do Parque Eólico.

* Evitarase a dispersión de residuos.

* Os acabados dos apoios serán de cor mate.

* Revexetaranse tódalas zonas alteradas.

* Programa de vixilancia ambiental (ruídos, aves, revexetación...).

ANEXO II

Resumo das consultas a organismos

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable ó estudio de impacto ambiental da L.A.T., aceptando as medidas correctoras do estudio de impacto sobre o patrimonio cultural, cos seguintes condicionantes:

1. Tódalas actuacións que impliquen remocións de terras nos contornos de protección (200 m) das entidades arqueolóxicas serán obxecto de control e seguimento arqueolóxico a pé de obra durante a fase de execución.

2. En relación ós puntos arqueolóxicos PU000807D02 e PU000229R02, afectados pola instalación dos apoios 3 e 5 respectivamente, é necesario a realización de sondaxes valorativas previas ós movementos de terras destinados á instalación dos anteditos apoios.

3. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución de terreos en todo o ámbito da liña eléctrica. Nas obras que impliquen remocións de terras inspeccionaranse os perfís abertos e levarase a cabo a prospección de cobertura total daquelas áreas removidas en superficies. A tal fin e previamente ó inicio das obras elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa compresión.

4. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo revisaranse os

impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

5. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza emite informe no que conclúe:

1. A traza do proxecto transcorre polo LIC Serra do Xistral na súa maior parte e os apoios 1 ó 4 e os viais de acceso ós apoios 2 ó 4 localízanse sobre o hábitat prioritario breixeiras húmidas.

2. A traza do proxecto afecta a terreos propiedade e xestionados pola Xunta de Galicia.

3. A traza afecta ó TECOR LU-10.302 Romariz.

4. Estímase que a afección da L.A.T. pode compatibilizarse coa continuidade dos hábitats naturais prioritario afectados, sustentando, polo tanto, as posibilidades do mantemento destes nun estado de conservación favorable.

Nembargantes, a pesar do anterior, si que se produce unha afección negativa, por ocupación directa de áreas en bo estado de conservación, polo que se ben non se sinala a necesidade de introducir modificacións no proxecto, alomenos, á vista da documentación que se está a informar, si se deberá atender ó que no seu momento, e de se-lo caso, se dispoña para equilibrar estes impactos, aínda que asumibles, si orixinados. Ademais serán de ter en consideración os seguintes aspectos:

4.1. Turbeiras: evitarase calquera afección ás turbeiras. De acordo co estudio presentado, a zona onde esta formación podería verse afectada sería consecuencia do trazado proxectado para o acceso que vai ó apoio nº 2 (véxase figura 17 do anexo 4).

Reiteramos, polo tanto, a necesidade de evita-la afección a esta formación, parece totalmente factible consegui-lo obxectivo perseguido desviando lixeiramente o trazado.

4.2. Aves: o estudio propón a adopción dunha serie de medidas anticolisión e antielectrocución, así como un plan de seguimento de aves.

A este respecto hai que dicir que as medidas propostas deberán facerse efectivas, ademais engadimos que:

Os dispositivos anticolisión deberán manterse operativos durante a vida útil da instalación eléctrica, procedéndose á súa substitución antes de deixar de ser efectivos.

O seguimento debe prolongarse durante a vida útil do proxecto, podendo diminuírse o esforzo de mostraxe en función dos resultados.

Determínase, finalmente, que de cumprirse todo o requirido e exposto na documentación e informes emitidos ó respecto, non hai motivos para non estimar unha adecuada integración entre os intereses

ambientais e os industriais. De todos modos, a execución das obras e o plan de seguimento ambiental serán determinantes no cumprimento da premisa anterior.

A Dirección Xeral de Saúda Pública emite informe favorable ó estudio ambiental.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe de incidencia turística do proxecto, que inclúe unha descrición das características do proxecto e a súa localización, principios normativos nos que se basea o informe e valoración da incidencia turístico-ambiental, indicando que as actuacións previstas non supoñen, na situación actual, un impacto negativo considerable desde o punto de vista turístico.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emite informe favorable, cun resumo do proxecto e da tramitación realizada, acompañándoo dunha proposta de condicionado ambiental que inclúe os seguintes puntos:

Ámbito territorial da actuación.

Protección do solo.

Protección da fauna e flora.

Protección de valores arqueolóxicos e etnográficos.

Outras medidas.

Recuperación situación orixinal tras fase de explotación.

Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

Condicións xerais.

Condicións específicas.

Condicións adicionais.

O organismo autónomo Augas de Galicia emite un informe que conclúe:

1. Considérase que as medidas de protección dos cursos de auga recollidas no estudio de impacto ambiental son axeitadas, sen embargo, non se tratan con suficiente detalle as afeccións existentes á rede hidrográfica da zona obxecto das actuacións. Ademais do recollido no estudio, deberanse adopta-las seguintes medidas para minimiza-las ditas afeccións, en especial durante a fase de execución de obras:

Evitarase a acumulación de terras na zona de policía de leitos. No caso que sexa preciso realizar provisións de terras nestas superficies, precisarase a preceptiva autorización deste organismo.

As operacións deberán realizarse preferentemente fóra dos períodos de choivas, co fin de impedi-lo arrastre de terras as augas superficiais. Limitarase o movemento de terras ó estrictamente necesario.

Os residuos ou materiais de refugallo deberán ser convenientemente xestionados.

Prohíbese o lavado no río de materiais, maquinaria e utensilios utilizados para as actuacións. Non se invadirá o leito coa maquinaria utilizada para a execución das obras.

Calquera operación de formigonado próxima ós leitos dos ríos deberase realizar en condicións estancas,

evitando en todo momento o contacto ou vertedura de formigón.

Doutra banda, a alternativa seleccionada para o trazado da liña eléctrica, atravesa numerosos cursos de augas, polo que se precisa solicita-la correspondente autorización administrativa de Augas de Galicia, para obras de cruzamento de liñas eléctricas sobre o dominio público hidráulico, así como para as obras na zona de policía de leitos.