En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Política Lingüística.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: de servicios.
b) Descrición do obxecto: organización das actividades da campaña Entre nós, en galego.
c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 64, do 1 de abril de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base licitación:
Importe total: 200.013 A.
5. Adxudicación:
a) Data: 15 de abril de 2003.
b) Contratista: Hemisferios, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 200.013 A.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2003.
Xesús P. González Moreiras
Director xeral de Política Lingüística