Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2003 Páx. 7.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, da asistencia técnica de clave GA/03/086.00 e cinco máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para desvíos de los servicios afectados por las obras de estrada da Xunta de Galicia.

Clave: GA/03/086.00.

Orzamento: douscentos oitenta e nove mil cincocentos cincuenta dous euros con setenta céntimos (289.552,70 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

2. Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra: acondicionamento da estrada LU-112 Cospeito-Tumbo e da estrada LU-121 Tumbo-Moncelos.

Clave: LU/01/10.1.

Orzamento: sesenta e tres mil trescentos dez euros con sesenta e sete céntimos (63.310,67 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

3. Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra: acondicionamento da estrada OU-311, treito: A Mezquita-Fronteira portuguesa.

Clave: N/OU/96.4.11.

Orzamento: sesenta e dous mil setecentos sesenta e catro euros con tres céntimos (62.764,03 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

4. Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra: acondicionamento da estrada AC/VP-0601, treito: Arzúa-Portodemouros.

Clave: N/AC/90.1.

Orzamento: cincuenta e cinco mil oitocentos sesenta e sete euros con cincuenta e cinco céntimos (55.867,55 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

5. Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra: acondicionamento da estrada AC-430, treito: As Grelas-Baio.

Clave: N/AC/91.15.2.

Orzamento: cincuenta e nove mil seiscentos dous euros con noventa e un céntimos (59.602,91 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

6. Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra: acondicionamento da estrada C-545, treito: Baio-Zas.

Clave: AC/01/1.1.

Orzamento: trinta e seis mil noventa e sete euros con corenta e seis céntimos (36.097,46 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Solicitaranse os medios de acreditación da personalidade xurídica e capacidade previstos no artigo 15 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditarase segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 50 45.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

Esta garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta é de 3 meses desde a apertura das proposicións.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda