Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2003 Páx. 7.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/44-2, 5790 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. en Monteagudo e A Veneira de Roques.

Situación: O Incio e A Pobra de Brollón.

Características técnicas: tramo compartido para as liñas de baixa tensión aéreas de Monteagudo e A Veneira de Roques con lonxitudes de 0,235 km e 0,78 km respectivamente, con orixe no C.T. de Covadelas e o C.T. elevador no apoio nº 6, conductor tipo R.Z. L.B.T.A. de Monteagudo con lonxitude 1,39 km, con orixe no apoio nº 21 da R.B.T. compartida

para Monteagudo e A Veneira de Roques e final no C.T. reductor no apoio nº 66, conductor tipo R.Z. L.B.T.A. de Monteagudo con lonxitude 0,21 km, con orixe no C.T. reductor no apoio nº 66, conductor tipo R.Z. L.B.T.A. A Veneira de Roques con lonxitude 0,45 km, con orixe no apoio nº 21 da R.A.T. compartida para Monteagudo e A Veneira de Roques e final no C.T. reductor no apoio nº 30 e conductor tipo R.Z. L.B.T.A. da Veneira de Roques con 0,36 km de lonxitude, con orixe no C.T. reductor no apoio nº 30, conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 15 de abril de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo