Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 138/2003, interposto por Juan Antonio López Meizoso.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un

de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado nº 138/2003, formulada por Juan Antonio López Meizoso, contra a Resolución do 7 de maio de 2003, da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, pola que se desestima o recurso de reposición contra a Orde do 27 de decembro de 2002, pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia 02/2002.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade con disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública