Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.130

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (55/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, en funcións de secretario do Xulgado do Social nº 1 da Coruña, fago saber: que en los autos nº 55/2003 seguidos por instancia de María Rosa Cancela Alonso e Marta María Díaz Armesto contra la empresa W.S.I. Coruña-Dos, S.L. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 23 de abril de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por María Rosa Cancela Alonso e Marta María Díaz Armesto, debo declarar e declaro o dereito das demandantes a percibi-las cantidades polos conceptos que se

expresan no feito probado terceiro e cuarto desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno á empresa W.S.I. Coruña-Dos, S.L.a que, aténdose a tal declaración aboe á demandante María Rosa Cancela Alonso a cantidade de 10.493,37 euros e a Marta María Díaz Armesto a cantidade de 6.021,28 euros en tales conceptos, máis o 10% de xuros por mora desde a data do seu correspondente devengo.

E debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademáis, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que lle sirva de notificación á empresa W.S.I. Coruña-Dos, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Primavera, 20 da Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 23 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA