Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 120/2003, interposto por María Presentación Rodríguez Villalba.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado nº 120/2003, formulada por María Presentación Rodríguez Villalba, contra a Resolución do 7 de maio de 2003, da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, pola que se desestima o recurso de alzada contra resolución do tribunal I-B, relativa ás cualificacións obtidas polos aspirantes no terceiro exercicio da fase de oposición correspondente ó proceso selectivo para o acceso á categoría 6 (titulado superior psicólogo) do grupo I, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade con disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procede

mento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública