Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

Mediante Decreto do 24-4-2003, a Alcaldía-Presidencia aprobou definitivamente o proxecto de reparcelación do polígono único do Plan parcial de ordenación do sector SAU-4, Castelao-As Telleiras, das normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobado inicialmente por resolución da Alcaldía do 3-4-2003.

Farase pública a referida aprobación, con indicación de que o citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra del cabe interpor potestativamente recurso de reposición, nun prazo dun mes, ante a Alcaldía, ou interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir da súa publicación ou notificación, de se-lo caso.

Nigrán, 25 de abril de 2003.

J. Manuel Rival Cadaval

Alcalde