Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Considerando o establecido no artigo 5 do Decreto 442/1990, procédese á exposición pública do estudio de impacto ambiental do Plan parcial SUNP I-33-R, en Iñás (Oleiros), nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9.00 a 13.00 horas, tódolos días laborables, e na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo

no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 8 de maio de 2003.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta