Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Miño, na sesión celebrada o día 16 de abril de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle da APOD-10 do PXOM de Miño no lugar de Loios-Miño, presentado pola Xunta de Compensación e redactado polo arquitecto Celada Gómez, visado pola COAG o día 10-12-2002.

Segundo.-Que se lle notifique este acordo á Xunta de Compensación e se publique no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello.

Este acordo pon fin á vía administrativa, podéndose interpor contra este, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o órgano que o dictou

no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos prazos contados a partir do día seguinte a aquel en que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

O que se publica para o coñecemento xeral e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

Miño, 24 de abril de 2003.

Deogracias Romeu López

Alcalde