Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Por acordo plenario do 25 de abril de 2003, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas que rexirán a adxudicación polo sistema de poxa, da concesión de postos no mercado municipal de abastos, o cal se expón ó público durante o prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a adxudicación se aprazará canto resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: concesión de postos no mercado municipal de abastos.

b) Prazo: 10 anos, prorrogable 5 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Tipo de licitación.

Base 3ª do prego.

5. Garantías.

Provisional: 2% do tipo base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral do concello.

b) Domicilio: praza do Reló.

c) Data límite para solicitar presentación: 26 días hábiles a partir da publicación do edicto de licitación no BOP.

7. Presentación de ofertas.

Prazo: cláusula 8 do prego.

Documentación: cláusula 8 do prego.

Lugar de presentación: rexistro xeral do concello.

8. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: Concello da Guarda, praza do Reló.

Data e hora: 12 horas do día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Gastos dos anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

A Guarda, 29 de abril de 2003.

José Luis Alonso Riego

Alcalde