Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUADALAJARA

ANUNCIO.

Por medio deste anuncio comunícolle que con data 18-11-2002, o alcalde-presidente dictou a seguinte resolución:

Á vista do expediente sancionador incoado a Gonzalo Navarro Rodríguez, na súa calidade de técnico

director das obras, por ter realizado sen licencia de obras de adaptación de local comercial na rúa Virgen del Amparo, nº 42, e de conformidade coa proposta de resolución formulada polo instructor do expediente e en función das atribucións conferidas polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, e demais normas de atribución de competencias, polo presente anuncio resolvín:

Primeiro.-Impoñer á entidade Gonzalo Navarro Rodríguez, como responsable, na súa calidade de técnico director, dos feitos consistentes na realización, sen a preceptiva licencia, de obras de adaptación local comercial na rúa Virgen del Amparo, nº 42, unha sanción de 753,47 euros, resultante de aplica-lo 2% ó valor das obras realizadas sen licencia, segundo o disposto no art. 90 do RDU, como responsable da infracción urbanística tipificada no art. 165, en relación co 183 da Lei 2/1998, do 4 de xuño, de ordenación do territorio e da actividade urbanística de Castilla-La Mancha.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición perante o alcalde-presidente no prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da recepción desta notificación ou calquera outro recurso que coide pertinente.

Guadalajara, 20 de marzo de 2003.

Francisco Javier González Martínez

Oficial maior