Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Outes-Valadares (Outes-A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Outes-Valada

res (Outes-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 135/1991, do 12 de abril (DOG nº 81, do 29 de abril).

Primeiro.-Con data do 19 de febreiro de 2003, o director xeral de Infraestructuras Agrarias aprobou o acordo de concentración da zona de Outes-Valadares (Outes-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ó público no Concello de Outes e na zona, durante trinta días hábiles contados desde o día seguinte a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no xornal de máis circulación na provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura do Servicio Xurídico Administrativo (edif. administrativo, 6º andar; praza Luís Seoane, s/n, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada de se infrinxiren as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou de non se axustar ás bases (artigo 41 da Lei 12/2001, que modifica a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria).

A Coruña, 9 de maio de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL