Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se fai pública a adxudicación do contrato ó que se fai referencia.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das

administracións públicas, esta secretaría xeral acorda dar publicidade a adxudicación do contrato que a continuación se relaciona:

-Subministración de material de oficina e material informático non inventariable con destino ós órganos xudiciais de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2.Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de material de oficina e material informático non inventariable con destino ós órganos xudiciais de Galicia.

c) Lotes:

Lote 1: material informático non inventariable.

Lote 2: material de oficina non inventariable.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOCE S230, do 27 de novembro de 2002, BOE nº 290, do 4 de decembro de 2002, e DOG nº 240, do 13 de decembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria (expediente anticipado de gasto).

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: trescentos oitenta e cinco mil euros (385.000 euros) IVE incluído, segundo a seguinte desagregación:

Lote 1: 85.000 euros.

Lote 2: 300.000 euros.

5. Adxudicación.

Lote 1: material informático non inventariable.

a) Data: 28 de marzo de 2003.

b) Contratista: Laser System G-3, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: oitenta e cinco mil euros (85.000 euros) IVE incluído.

Lote 2: material de oficina non inventariable.

a) Data: 28 de marzo de 2003.

b) Contratista: Comercial CYC de Papelería, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trescentos mil euros (300.000 euros) IVE incluído.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

Manuel Eduardo Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais