Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/35-2, 6023 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. a Balneario de Guitiriz.

Situación: Guitiriz.

Características técnicas: L.M.T. a C.T. Grupo Escolar, executada con conductor LA-56 sobre torres metálicas tipo C, cunha lonxitude de 125 m. Orixe: P-1 de L.M.T. a C.T. Grupo Escolar e final en P-2 de L.M.T. a C.T. Grupo Escolar. L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z.1 3 (1x150 m) Al en canalización subterránea, baixo tubo de pé de 160 m cunha lonxitude de 500 m no apoio nº 1 da L.M.T. aérea realízase un paso aero-subterráneo para alimenta-lo balneario.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 15 de abril de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL