Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/213-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, ofic. 2, 36280 Vigo.

Denominación: L.M.T.S. a nave Herteco, S.L.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con conductor R.H.V., de 55 m de lonxitude, con orixe no C.T. Salvaterra-Chan da Ponte e remate no C.T. de Herteco, S.L., situado na parcela 31 do polígono industrial Chan da Ponte, no concello de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 9 de abril de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra