Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/214-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, ofic. 2, 36280 Vigo.

Denominación: recuamento liñas M.T. por construcción estrada PO-400.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: recuamento da L.M.T. ó instituto de educación secundaria desprazando o apoio nº 2 da L.M.T. actual, da L.M.T. ó polígono industrial Salvaterra, desprazando os apoios nº 1 e 2 da L.M.T. actual e da L.M.T. xeral Salvaterra-Ponteareas, substitución dun tramo aéreo por soterrado e instalación dun novo apoio. As instalacións están situadas na Chan da Ponte e na estrada Ponteareas-Salvaterra, no concello de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 10 de abril de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra