Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/27-2, 5996 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: nova subestación de Burela 132/20 kV.

Situación: Burela.

Características técnicas:

-Subestación cun transformador de 36 mVA de potencia e relación de transformación de 132/20 kV. Posición de reserva para outro transformador de idénticas características.

-Transformador para servicios auxiliares de 160 kVA de potencia e relación de transformación de 20.000/380-220 V. Posición de reserva para outro transformador de idénticas características.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 1 de abril de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo