Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/172-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, ofic. 2, 36280 Vigo.

Denominación: L.M.T., R.B.T. e C.T. edif. Campo Alto, rúa Rosalía de Castro.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: C.T. de 630 kVA, R.T. 20 kV-230/420 V, no edificio Campo Alto, rúa Rosalía de Castro, do concello de Salvaterra de Miño, con L.M.T. subterránea a 20 kV, con conductor R.H.V. de 40 m de lonxitude, desde o C.T. existente Ceo das Anduriñas. R.B.T. a portais do edificio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de marzo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra