Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.058

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (145/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, en funcións de secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 145/2003, seguidos por instancia de Roberto Carlos Busto González contra a empresa Soutullo Mira, S.L. e Fogasa sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 22 de abril de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso, e condeno á empresa Soutullo Mira, S.L. a que readmita inmediatamente a Roberto Carlos Busto González nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 584,87 euros.

A devandita opción deberá exercerse no termo dos cinco días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante deste xulgado. Transcorrido o dito termo sin que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose a opción, condeno así mesmo a parte demandada a que satisfaga á demandante os salarios que non teña percibido desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado primeiro, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET, e que ata esta data ascenden á cantidade de 2.808,08 euros, a razón de 31,91 euros por día.

E debo absolver e absolvo o Fogasa das pretensións da demandante.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación de esta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que puede substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Soutullo Mira, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en avenida Milagrosa, 101. Carballo (15100-A Coruña), e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 22 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado