Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.057

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (279/2003).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de María José García Vilela, contra José Ramón Cupeiro Rocha, sobre demanda de divorcio número 279/2003, se dictou o seguinte edicto:

Cédula de emprazamento.

En virtude da resolución dictada con esta data por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, coñecendo en autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 279/2003, por instancia de María José García Vilela, representada pola procuradora Carmen Belo González, por medio desta cédula e con entrega das oportunas copias da demanda e dos documentos que se lle xuntan, confíreselle traslado e emprázase a demandada que se dirá para que, no improrrogable prazo de vinte días, compareza en autos, por medio de avogado e procurador, e conteste a demanda, e propoña, de se-lo caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de non lle facer máis notificacións que as sinaladas na lei.

E para que conste e lle sirva de emprazamento á parte demandada, José Ramón Cupeiro Rocha, expido esta cédula na Coruña, 6 de maio de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado