Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.057

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (541/2002-P).

No expediente de quebra necesaria de Construcciones Peña Aguda, S.L., seguido co número 541/2002-P no Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, por providencia desta data acordouse facer público que na xunta xeral de acredores, celebrada o día 13 de marzo de 2003, foron designados síndico primeiro Gonzalo Durán Rodríguez, síndico segundo Ramón Antonio Solórzano Sáenz de Cenzano e síndico terceiro Alfonso Freire Picos, os cales tomaron posesión do seu cargo. Prevense a todos cantos afecte, de que fagan entrega ós ditos síndicos de canto corresponda á quebrada.

Na Coruña o dezasete de marzo de dous mil tres.

O maxistrado-xuíz

Rubricado