Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.048

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003 pola que se conceden as axudas para incorporación de investigadores tecnólogos/visitantes a organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma.

Por resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 30 de decembro de 2002 (DOG do 7 de xaneiro de 2003) abriuse o prazo de solicitudes de axudas para a incorporación de investigadores tecnólogos/visitantes a organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme as bases recollidas no anexo IX da orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 1 de abril de 2002.

Tendo en conta os decretos, 22/2003, do 20 de xaneiro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia e 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola correspondente comisión de selección de investigación, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas que se relacionan no anexo I desta resolución para a incorporación dos investigadores visitantes ós organismos que se indican.

Segundo.-Establécese unha lista de suplentes para efectos de posibles renuncias ou remanente de crédito, constituída polas persoas que se relacionan no anexo II por orden decrecente de prioridade.

Terceira.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na Orde do 1 de abril de 2002 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Cuarta.-Os pagamentos faranse conforme o establecido nas correspondentes bases.

Quinta.-As axudas que se conceden están cofinanciadas con fondos FSE do programa operativo integrado de Galicia na Unión Europea.

Sexta.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpo

ñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO I

Universidade da Coruña.

Investigador visitanteDuración en

meses

Importe total

en euros

Asunción Soro Bonmati34.500

Constantin Chilarescu23.000

Dismer Ronda Betancourt23.000

Erzsebet Kovacs23.000

Gabriel Moser11.500

Ibrahim Assem11.500

José García Vivas Miranda23.000

Luis Miguel Galindo Paliza11.500

Norbeto Ezquerra46.000

Sonia Trepode11.500

Vaja Tarieladze23.000

Universidade de Santiago de Compostela.

Investigador visitanteDuración en

meses

Importe total

en euros

Alberto Candel11.500

Antonio Fernando Pestana de Castro0,751.125

Antonio Torres11.500

Bernardo Pena Trapero0,25375

Carmen Adriana Campos57.500

Georgios Ktistis11.500

Iliana Perdomo-López5,758.625

Jesús Gracia Fadrique11.500

Joan Rieradeball0,25375

John P. Richard11.500

Juan Luis Cabrera Fernández34.500

Lluis Bru Martínez11.500

Mirta Liliana Fascio69.000

Morel de Passos e Carvalho23.000

Nikoloz Inassaridze23.000

Pere Fullana0,25375

Vincent Valles11.500

Universidade de Vigo.

Investigador visitanteDuración en

meses

Importe total

en euros

Carlos E. López Zapata23.000

David Díaz11.500

Mark Henry Page11.500

Miguel Ángel Postigo34.500

Peter Andreas Theill0,5750

Vaja Tarieladze23.000

Victoria Clare Slonosky11.500

Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán.

Investigador visitanteDuración en

meses

Importe total

en euros

Daniel Neary1,52.250

Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC).

Investigador visitanteDuración en

meses

Importe total

en euros

Benito Cañas Montalvo34.500

ANEXO II

Lista de suplentes:

Investigador visitanteDuración en

meses

Importe total

en euros

Organismo

Aleixandre de Azevedo21.500USC

Héctor Víctor Castaño Salas23.000USC

José Alberto Ramírez de León11.500USC

José Koichi Oizumi0,751.125USC

Roxana Bojariu31.500UVI

Xavier Canet34.500USC

Zoltan Kollar23.000UC