Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada o día 7 de abril de 2003, adoptou o acordo número 23861 polo que se aprobou inicialmente o proxecto de apertura e urbanización de rúa de nova apertura no polígono 16 e convenio urbanístico número 21, redactado polo arquitecto Miguel López Álvarez e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia nas datas do 4-2-2003 e 18-3-2003 e que foi promovido pola sociedade Conprocaeira, S.L., e en cumprimeno do disposto no artigo 110.4º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación do territorio e protección do medio rural de Galicia, sométese o proxecto a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podéndose durante o dito prazo examina-lo expediente na oficina técnica deste concello e presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Poio, 28 de abril de 2003.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde