Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co previsto nos artigos 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 140 do Regulamento de planeamento, faise público que por resolución da Alcaldía do 16 de maio de 2003 foi aprobado inicialmente o estudio de detalle presentado por Promociones y Alojamientos del Cantábrico, S.A. para os terreos sitos na rúa Alza/camiño á Vilavella.

Durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, o expediente poderá ser examinado nas oficinas de Secretaría Municipal e poderán as persoas interesadas formula-las alegacións que coiden oportunas.

Ribadeo, 20 de maio de 2003.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde