Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada o día 7 de abril de 2003, adoptou o acordo número 23860 polo que se aprobou inicialmente o proxecto reformado de compensación de propietario único de Conprocaeira, S.L., sito na rúa Río Oitavén, 9, do lugar da Caeira da parroquia de San Salvador deste termo municipal, redactado polo arquitecto Miguel López Álvarez e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia nas datas do 27-1-2003 e 4-2-2003, e a valoración do aproveitamento urbanístico do 10% que corresponde ó concello e a súa reducción a metálico á cantidade proposta polo aparellador municipal. Sométense os ditos expedientes a información pública durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo durante o dito prazo presentarse as alegacións que se consideren oportunas contra o proxecto de compensación, a valoración do aproveitamento urbanístico realizado por Tinsa ou contra a súa

reducción a metálico.

Poio, 25 de abril de 2003.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde