Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de maio de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados resolucións emitidas polo delegado provincial do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal (expediente C-136-CD/63, conta 1260).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícanselles ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, as resolucións dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, iniciáronse neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista nos artigos 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

Esta resolución ordena o lanzamento de Mª José e Fernando Olivares Rodríguez, herdeiros de Mariano Olivares Martínez da vivenda que ocupan, sita

en rúa Nardos nº 14, bloque 41, baixo do Barrio das Flores (A Coruña) (expte. C-136-CD/63, conta 1260), outorgando un prazo previo ó dito lanzamento de 15 días para o desaloxo voluntario dela.

Transcorrido o dito prazo, o lanzamento será executado por funcionario nomeado para o efecto polo delegado provincial do IGVS na Coruña, coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, e con auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 8 de maio de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 11/2002.

Expedientados: Mª José e Fernando Olivares Rodríguez, herdeiros de Mariano Olivares Martínez.

Último domicilio coñecido: r/ Nardos nº 14, bloque 41 baixo, Barrio das Flores (A Coruña).

(Expte. C-136-CD/63, conta 1260).