Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite ordinario, da contratación das obras de rehabilitación do núcleo rural de Mazoi (Lugo). (Expediente LU-2002/NR 03).

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación do núcleo rural de Mazoi (Lugo).

b) Prazo de execución: 18 meses.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos sesenta e oito mil setecentos once euros con dezaoito céntimos (468.711,18 A), IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: exenta.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: C-todos-c y k-7-c.

6. Obtención de documentación.

-Copistería Copy Nino.

Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, 2. Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 58 89 38.

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no seguinte enderezo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2580

7. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (Polígono

das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir este día en sábado ou festivo o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

8. Posibilidade de variantes.

Si se admiten.

9. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10.00) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (número 981 54 16 00) no mesmo día.

10. Gasto do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2003.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo