Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2003, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da prestación do servicio de limpeza e desinfección (C.P. 2/2003).

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo sexto da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), unha vez rematados os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-la seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Denominación: Hospital Comarcal Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica, Financeira e Orzamentaria-Unidade de Contratación.

c) Expediente: C.P. 2/2003.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servicio de limpeza e desinfección do Hospital Comarcal Valdeorras.

b) División por lotes: non.

c) Variantes: non se admiten.

d) Lugar de execución: edificios e instalacións situados na avda. Conde de Fenosa nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 1.070.694 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 21.413,88 euros.

6. Prazo de execución: 2 anos contados desde a formalización.

7. Documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na Unidade de Contratación do Hospital Comarcal Valdeorras, avda. Conde Fenosa nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense, teléfono: 988 33 90 61, fax: 988 32 50 56, ata o 10 de xullo de 2003.

8. Requisitos que deberá cumpri-lo contratista:

a) Clasificación (empresas españolas): grupo U, subgrupo I, categoría C ó grupo III, subgrupo 6, categoría C (segundo o disposto pola disposición transitoria única do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, RXCAP).

b) Solvencia económica e financeira (empresas estranxeiras): mediante acreditación libre por un ou varios dos medios referidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP) (BOE nº 148, do 21 de xuño).

c) Solvencia técnica e profesional (empresas estranxeiras): mediante acreditación libre por un ou varios dos medios referidos no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP) (BOE nº 148, do 21 de xuño).

d) Forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicatarias do contrato: unión temporal de empresas, de acordo co establecido no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP) (BOE nº 148, do 21 de xuño).

9. Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 40 puntos.

-Persoal ofertado, con distribución do nº de horas anuais ofrecidas, reflectindo quendas, áreas de traballo e tipo de limpeza: ata 40 puntos.

-Procedementos e medios materiais usados para a prestación do servicio: ata 10 puntos.

-Innovacións, actualizacións e achega de melloras: ata 10 puntos.

10. Presentación de ofertas:

a) Documentación que hai que presentar: a referida nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

b) Linguas nas que se poderán redacta-las ofertas: galego ou castelán.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Hospital Comarcal Valdeorras. Avda. Conde de Fenosa, nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense.

d) Data límite de recepción de ofertas: antes das 14.00 horas do día 17 de xullo de 2003.

11. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación reunida, en acto público, na sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras, avda. Conde de Fenosa nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense, ás 11.00 horas do día 28 de xullo de 2003.

12. Prazo de mantemento das ofertas: 3 meses contados a partir da súa data de apertura.

13. Gastos de publicidade: os anuncios serán por conta do adxudicatario do contrato.

14. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 26 de maio de 2003.

15. Consulta dos pregos: http://www.sergas.es

O Barco de Valdeorras, 12 de maio de 2003.

Dionisio López Bellido

Director xerente do Hospital Comarcal

do Barco de Valdeorras