Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-18/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 25 de abril de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para establece-las raseiras non definidas no Plan xeral da vía peonil de conexión entre a travesía de Navarra e a rúa Valencia, así como para ordena-los volumes edificables no ámbito do polígono de solo urbano consolidado rúa Valencia (código identificativo H3.05), promovido pola comisión xestora do polígono.

Segundo.-Someter a información pública polo prazo de vinte días o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local. Durante o citado prazo os interesados poderanlle formular ó documento cantas alegacións teñan por conveniente.

Terceiro.-Notifica-lo presente acordo á comisión xestora.

Cuarto.-Dilixenciar planos e memoria do documento inicialmente aprobado.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo de vinte días contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral das 12.00 ás 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 2 de maio de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo