Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

RECTIFICACIÓN anuncio licitación.

Formulado recurso de reposición pola Federación Galega da Construcción contra o prego de cláusulas administrativas que deben rexe-la poxa para a adxudicación mediante procedemento aberto das obras de urbanización do primeiro treito da rúa entre a avda. San Rosendo e a estrada de Mourillós (rúa do Cercado), referido á categoría esixida na clasificación dos posibles licitadores e aceptado este, por medio deste anuncio procédese a rectifica-los anuncios publicados no DOG nº 83, do 30 de abril e no BOP de Ourense do 2 de maio de 2003, quedando o número 7 redactado da seguinte forma:

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo-subgrupo-categoría: E-1-d); G-6-d); I-9-d).

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas.

Concédese o prazo de 9 días naturais, aprazados con motivo da resolución da impugnación das cláusulas administrativas, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no Diario Oficial de Galicia, para poder presenta-las correspondentes ofertas.

Celanova, 20 de maio de 2003.

O alcalde

Rubricado