Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-4/2003).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 25 de abril de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxustar aliñacións e raseiras e ordenar

volumes de acordo coas especificacións do Plan xeral, así como para completa-la rede de comunicacións do citado plan coa vía interior necesaria para proporcionar acceso ás edificacións resultantes, no ámbito do polígono de solo urbano non consolidado Palavea I (código identificativo H14.01), promovido pola comisión para a xestión do polígono.

Segundo.-Someter a información pública polo prazo de vinte días o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local. Durante o citado prazo os interesados poderanlle formular ó documento cantas alegacións teñan por conveniente.

Terceiro.-Notifica-lo presente acordo á comisión para a xestión do polígono.

Cuarto.-Dilixenciar planos e memoria do documento inicialmente aprobado.

O que se fai pública para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo de vinte días contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral das 12.00 ás 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 2 de maio de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo