Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2003 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos controis sobre o terreo das axudas por superficies, declaración de superficies forraxeiras e indemnizacións compensatorias (campaña 2003-2004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

b) Dependencia tramitadora: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Número de expediente: concurso 3/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da asistencia consistente na realización dos controis sobre o terreo das axudas por superficies, declaración de superficies forraxeiras e indemnizacións compensatorias, campaña 2003/2004.

b) Lotes: 1 por cada provincia.

c) Lugar de execución: nas catro provincias de Galicia.

d) Prazo de execución:

-Concellos en zonas desfavorecidas:

Iniciais: ata o 15 de agosto.

Adicionais: ata o 15 de setembro.

-Restantes concellos:

31 de agosto os iniciais.

31 de outubro os adicionais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: por concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 138.587,52 euros.

Por lotes:

Lote I: 28.371,28 euros.

Lote II: 53.926,08 euros.

Lote III: 36.071,36 euros.

Lote IV: 20.218,80 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 5.543,50 euros.

Por lotes:

Lote I: 1.134,85 euros.

Lote II: 2.157,05 euros.

Lote III: 1.442,85 euros.

Lote IV: 808,75 euros.

6. Obtención de información e documentación.

Solicitude de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, así como o modelo de proposición económica, estarán á disposición dos interesados na Secretaría do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, CP 15781, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 62 79.

Fax: 981 54 61 91.

Data límite de documentación e información: a do remate do prazo para presenta-las proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os licitadores deberán achega-la documentación acreditativa dos seguintes extremos:

Solvencia económica e financeira:

-Cifra de negocios dos últimos tres anos.

-Traballos similares realizados nos tres últimos anos.

Solvencia técnica e profesional:

-Descrición do equipo técnico que dedicarán á realización do traballo, tendo en conta os mínimos esixidos no prego de prescricións técnicas.

-Titulacións académicas e profesionais do empresario e do persoal de dirección da empresa.

8. Presentación da oferta.

a) Data límite: o oitavo día natural seguinte ó da publicación no DOG deste anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Fogga, co enderezo indicado no punto 6.

d) Prazo de obrigado mantemento da oferta: tres meses desde a apertura da proposición económica.

e) Variantes: non se admiten.

9. Apertura das proposicións.

As proposicións económicas abriranse, en acto público, na sala de xuntas do Fogga, no enderezo sinalado no punto 6, ás 12 horas do sexto día natural seguinte ó do remate do prazo para presenta-las proposicións, agás cando sexa sábado ou festivo; caso en que a apertura en acto público se realizará o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario os gastos que ocasione a publicación deste anuncio.

11. Páxina web na que figura a información sobre a convocatoria e na que poden obterse os pregos: http://www.xunta.es/contratación.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2003.

Secundino Grobas Mosquera

Director do Fondo Galego de Garantía Agraria